Paco Mosqueira presenta o seu libro salgado en Corme
19 de xullo de 2024 (12:20 h.)
Este sábado 20 de xullo, ás 19:00h, Paco Mosqueira presentará o seu libro "Buques pesqueros de Pasajes" no Museo de Arte Contemporánea de Corme.
Paco estará acompañado por Óscar Rey Calo e Diana Varela Puñal, a cormelá responsable da editorial Medulia, que sempre aposta pola creación da súa vila
O libro fala dos ata 200 barcos (en 1967 chegou a ter 856 bacaladeiros) cos que contou o porto de Pasajes, a carón de Donostia.