En marcha unhas pequenas obras no porto de Corme

Visita institucional ao porto de corme

Nova visita institucional a acontecida onte no peirao de Corme. A Presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, achegouse para compartir cos entes pontecesáns os traballos de conservación e mantemento das infraestruturas. Entre as actuacións inmediatas figuran a reposición dos fingers dos pantaláns e a mellora do pavimento.

O sector mariñeiro presentará ademais unha proposta para a ordenación do peirao.

Ademais, a petición do sector, Portos estudiará unha solución técnica para a vía de acceso peonil ao peirao, que presenta problemas de acumulación de pluviais.