Polémica en Ponteceso ante as mal chamadas Festas da Pilarica

Así adoitan as Festas de outubro en Ponteceso, mesmo un dia de chuvia, antes da pandemia

Pendente está toda a comarca das anunciadas Festas de Ponteceso. Unhas festas que mesmo as cuñas publicitarias anuncian como as Festas da ponte Pilarica, aínda que a súa organización non parte da histórica Comisión de Festas da Pilarica da Trabe.

Foron moitas as críticas que lles chegaron á devandita comisión polo atrevemento de facer estas festas “As primeiras de apoio á verbena galega”, reza o cartel, neste momento, ata o punto de que a Comisión tivo que emitir este comunicado polas redes sociais, despois de anunciar que, por prudencia e responsabilidade, non ían organizar festas este ano.

Pero semella que si. Que o Campo da Feira vai acoller unhas Festas os días 9, 10, 11 e 12 de outubro, como as da Pilarica de toda a vida, con verbena, disco móbil, ou ata Macro Sesión Vermú. Unhas festas organizadas neste caso por un veciño de Corme, que contan coa colaboración municipal.

Aí é que cando os edís non adscritos tamén se preguntan como é posible que o alcalde si apoie agora unha festa, que non está organizada ademais pola xente de sempre, cando hai un mes estaba aplaudindo á Comisión da Barquiña por non organizar ningún evento”.
Dende a oposición preguntanse ademais se o Concello conseguiu pedir todos os permisos necesarios (“non son cousas que fai dun día para outro”).

Dende a empresa promotora LB aseguran que falaron antes de facer nada coa Comisión, despois de ter a aprobación do propio alcalde para artellar este evento para "reactivar a verbena e o sector local". "O protocolo no último mes cambiou bastante", aseguran.

Chama a atención ademais que unha das contratacións sexa a de Disco Móvil Impacto, a mesma empresa que criticaba nun comunicado a semana pasada ao alcalde por telos denunciado por ter os camións aparcados no polígono “afeando a zona”.