Ponteceso convertiuse na capital artística da máxica paisaxe bergantiñá

Nada menos que 83 pintores chegados de toda a xeografía española participaron este sábado 14 de xullo no I Certame de Pintura Fernando Alcarez de Sotomayor. Un certame promovido e convocado pola Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Ponteceso, que acadou todos os seus obxectivos: promover a pintura e a cultura, dar a coñecer a vila pondaliana e servir de referente turístico.

Como conta o poeta Miguel Anxo Calvo, "durante toda esta xornada, a vila natal do noso bardo Eduardo Pondal, converteuse na capital artística da máxica paisaxe bergantiñán a través das miradas, das mans, das paletas e dos pinceis dos preto de oitenta artistas participantes... Por unhas horas o Anllóns semellaba o Sena e o Monte Branco o Montmartre; o recheo parecían os Campos Elíseos e a capela da Trabe a Notre Dame..., dende a concordia, a ponte transformouse no Arco do Triunfo, a casa de Pondal na Torre Eiffel e finalmentente, a Casa da Cultura no Museo do Louvre..."

O propio Calvo fala mesmo de "revolución cultural", i é que "non faltou nin o son dun vello acordeón diatonico para recrear, e facer máis crible e real este ambiente tan impresionista da cidade da luz parisina aló polos anos sesenta"... "Todos cantos participamos e gozamos deste encanto, ilusos idealistas e bohemios soñadores comprometidos moitas veces con causas perdidas, nunca esqueceremos este día..." asegura Mato Fondo

Gañadores e Exposición sobre o I Certame de Pintura Álvarez de Sotomayor.

O primeiro premio marchou para Sevilla, para Antonio Barahona, que leva 3.000€. A Ávila marchou o segundo premio, con 1.500€ para Antonio Hernández. Marino Ramírez, de Málaga, quedou tercero, con 1.000€ de premio; outro sevillano, Fermín García Sevilla quedou cuarto; outro de Ávila, Gabriel Casarrubios foi quinto e o secto premio foi para o barcelonés Julio García Iglesias.

Ademáis das seis obras galardoadas, poderán verse outras dezanove cedidas polos autores para a súa exposición, ata o 30 de xullo. A exposición poderá verse de 09.00h a 14.00h, de luns a venres, no Centro Cultural en Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información de Miguel Anxo Mato Fondo.