Ponteceso fai unha nova recollida de 2.000 bidóns de aceite usado

Collecting Oil recolle aceite usado de cocina por Ponteceso copia

Hoxe luns 9 de setembro, a empresa Collecting Oil comeza unha nova campaña de recollida dos 2.000 bidóns de reciclaxe de aceite de cociña usado que ten espallados polo concello de Ponteceso. A Área de Medio Ambiente municipal convida aos veciños/as que participan no programa que deixen os envases en lugares visibles e accesibles, para facilitar os labores de recollida da empresa.

As 2.000 familias implicadas no proxecto medioambiental poñen de manifesto a excelente acollida desta iniciativa entre a cidadanía, preocupada e comprometida co medio ambiente. En todo caso, as persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936./p>

Rutas

Estes son os itinerarios, que poden sufrir modificacións (informarán polas redes sociais municipais) que está previsto realizar durante o mes de setembro:

  • Luns 9: Comezarase na estrada de Corme (xunto á ponte) pasando por: Cedeira, Carracido, Couto, Cospindo, A Brixería, Curras, A Matigueira, Balarés, Guxín, Xomonte e parte de Corme Aldea.
  • Martes 10: Corme Aldea, Froxan, O Picoto, Corme Porto (rúa Vila de García, camiño Paseo Marítmo, estrada Ponteceso e rúa Rio de Arriba.
  • Mércores 11: Corme Porto (estrada Roncudo, R/Arnela, Barrio Campo, R/Real, R// Nova e Travesía Nova.
  • Xoves 12: Corme Porto (R/Nova, R/ Paxariñas, Barrio Regadiños, R/Agra Rodríguez, Barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, R/Condes, R/Carral e Paseo Marítimo
  • Venres 13: Corme Porto (R/Coroto, R/Xeneral Mourelle, R/Sol, Paseo Marítimo, Avda. Mariña, Barrio Remedios, R/Hortas, R/Crego, R/Fontiñas, R/ Real, Praza do Pan e Barrio Fontiñas.
  • Luns 16: Carballido, As Gurichas, Lestimoño, R/Crucero, R/Concello, R/Cuartel e R/ Aduana.
  • Martes 17: Praza Relleno, R/Paseo Fluvial, Polígono paseo fluvial, Avda. Eduardo Pondal e Avda. Anllons.
  • Mércores 18: Avda. Anllóns, Barrio Juncal, R/Teresa Mosqueira Manso, R/Eduardo Blanco Amor, Praza Campo da Feira, R/Veda e Barrio Trabe.
  • Xoves 19: Avda. Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella e Tella.
  • Venres 20: Aldea Tella, Anllóns, A Garga e R/ Cuñarros.
  • Luns 23: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono Tella, Tallo, Vilasuso e O Rieiro.
  • Martes 24: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira e Ardabón.
  • Mércores 25: A Ponte Dona, Xornes e Pazos.
  • Xoves 26: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiros, Cores, Viladesuso, Figueiroa e A Costa.
  • Venres 27: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores e O Castro.
  • Luns 30: O Rueiro, Os Anxeles, Brantuas de Arriba, Casas de Espereira e Brantuas de Abaixo.

Novas relacionadas