Ponteceso prepara a bici

Celebra Ponteceso o vindeiro domingo, 4 de agosto, a edición número 30 do Día da Bicicleta.

A saída será ás 11 horas desde a Praza do Relleno e percorreranse un total de 14 quilómetros, pasando por Couto, Cerezo, Lestimoño, Tella e Anllóns.

As inscricións da actividade realizaranse entre as 9 e as 10:45 horas dese mesmo día, no propio lugar de saída. Pódese concretar máis información sobre a xornada nos teléfonos 981 971 719 e no 616 485 520.

Para realizar a actividade será obrigatorio levar casco e as persoas participantes recibirán unha camiseta conmemorativa. Ademais, ao remate haberá un sorteo de agasallos.