Ponteceso prepárase para as festas da Barquiña

As festas do verán van chegando ao seu fin pero antes quedan citas de gran importancia como as festas da Barquiña de Ponteceso. E como na gran maioría das veces, detrás dunha completa programación hai detrás unha comisión de festas que traballa intensamente para que todo saia ben.

Conscientes diso, o equipo de goberno municipal dálles as grazas; "somos conscientes de todo o esforzo que supón traballar en prol do bo funcionamento das festividades desenvoltas en todo o municipio. Por esta razón, aproveito este saúdo - en nome do Alcalde, José Manuel Mato -para expresar o noso compromiso de levar a cabo un proxecto integral para xestionar todas as celebracións, que será sostible economicamente e duradeiro no tempo.
 

Deixámosvos aquí o cartel!