Ponteceso tamén aposta por un novembro de teatro

Coa chegada do Outono, na Costa cambiamos festas por teatro. Así o comprobamos coas propostas de Carballo e o FIOT, a programación continua de Vimianzo, ou o MOTA de Laxe. Corroborámolo tamén coa chegada do XXI Ciclo de Teatro do Concello de Ponteceso.

Durante o mes de novembro, a Casa dos Veciños da A.C. Monte Branco, no Couto, recibirá 4 funcións. Os días 8, 15, 22 e 29 de novembro, ás 22:30h, teatro, e galego, en Ponteceso.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).