Lingua

Ponteceso, único concello da Costa da Morte na Asociación de Entidades Locais pola Lingua

Carlos Penedo durante o acto de fundación da Asociación de Entidades Locais pola Lingua
Ponteceso, único concello da Costa da Morte na Asociación de Entidades Locais pola Lingua

Nacía este pasado venres a Asociación de Entidades Locais pola Lingua. E un dos 15 concellos fundadores é o de Ponteceso. Unha iniciativa do edil de Normalización Lingüística, o nacionalista Carlos Penedo, que asistía ao Concello de Santiago xunto á técnica Julia Ures, ao acto de presentación.

Unha entidade que colaborará coa Coordinadora de Servizos de Normalización Lingüística (COTENOL) e que nace como consecuencias de colaboracións como o Youtubeir@s, o Apego ou o Club de Debate.

Xunto co Concello pontecesán, forman de inicio esta entidade os de Baña, Ames, A Coruña, Teo, Ribadeo, Ferrol, Narón, O Grove, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Vilagarcía e Rois.

Novas relacionadas