Primeiros pasos para a creación do consello escolar municipal de Ponteceso

Cada vez está máis próxima a formación dun consello escolar en Ponteceso. Unha vez aprobado no pleno o seu regulamento, nestes últimos días levouse a cabo no salón de plenos o sorteo das persoas que formarán a xunta electoral para as votacións. Estas persoas escolleronse entre o censo de pais e nais, alumnado e profesorado de todos os centros do municipio. Así, o vindeiro 2 de marzo, ás 20:30 horas, constituirase. No consello escolar municipal estarán representados os pais e nais dos alumnos e alumnas, o alumnado, o concello e todos os centros de ensino municipais. O seu obxectivo é mellorar a programación no ensino non universitario así como levar a cabo proxectos e acadar convenios sempre en beneficio para o alumnado. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • BNG de Ponteceso