Queixumes, a nova escola da tradición que nace no Couto
12 de setembro de 2025 (07:55 h.)
Se O Couto xa é unha aldea fetén, agora coa escola de tradición Queixumes xa vai pechar o círculo. A Fundación Eduardo Pondal e a Asociación Monte Branco abren o prazo para que todas as persoas que queiran, de 0 a 100 anos, poidan aprender baile, pandeireta, gaita, percusión e mesmo acordeón.
Ofrecen obradoiros de iniciación e perfeccionamento, adaptados a cada nivel, con formadores altamente cualificados, e poderán contar con grandes profesionais da música galega e artistas moi coñecidos, que impartirán Masterclass ao longo de todo o ano.
A dirección do proxecto estará a cargo de Silvana Martínez, da familia de Inllar, persoa que guiará este camiño con paixón e experiencia.
Para inscribirte, chama ao seguinte número de teléfono: 641 103 702.