Rescatados os tripulantes dun barco cormelán que foi a pique en Muxía
12 de marzo de 2025 (14:31 h.)
Este mediodía de mércores 12 tivo lugar outro afundimento dun barco preto da praia da Arnela, en Muxía. Trátase do Segundo María Isabel, un barco de Corme (foi de Laxe previamente), que tiña dous tripulantes a bordo que foron rescatados por outra embarcación pesqueira dende a praia do Lago.
A Salvamar Altair foi ata o lugar, pero o barco finalmente foi a pique.