Retiran o mamífero mariño varado na praia de A Barda
24 de xuño de 2021 (13:06 h.)
O mamífero mariño varado foi retirado onte por unha empresa autorizada. As tarefas realizáronse na Praia de A Barda, nunha zona de difícil acceso que dificultaron as labouras.
Dende o Concello de Ponteceso agradecen a colaboración de Protección Civil de Corme, os primeiros en acudir ao lugar logo de ser alertados por un veciño da zona, así como a axuda prestada por unha empresa de Corme.