O rock resoou na Eira e no Balea Fest

Máis dunha ducia de festas houbo esta fin de semana pola Costa da Morte, pero sabedes que en QPC tentamos loitar contra a ditadutra da verbena, poñendo en valor outras propostas musiqueiras. E así o facemos co Cremita Fest, que serviu para celebrar o 40 aniversario da Eira Bar, en Ponteceso; e o I BaleaFest de Malpica, artellado pola Asociación Campal.

Na previa da Barquiña, Javi armou na Eira unha festa tremenda na súa marabillosa terraza, con bandas chegadas dende Londres (L-Stress), como dende Carballo, como “Tu Futura Ex Mujer” ou “Playa desmayo”.

Cremita Fest na Eira

Na xornada sabatina, os amantes do rock desprazáronse ao porto de Malpica para celebrar a primeira edición do Baleafest da man da Asociación Campal e a concellería de Festexos que dirixe Alfredo Cañizo.
A rúa Emilio González encheuse onte de numeroso público ávido de gozar do evento que non deixou indiferente a ninguén. Os grupos Ambigüo e The Jokers animaron a noite, na que o tempo acompañou. Antes, actuou a asociación local de música tradicional Malante.

AMBIGÜ no BaleaFest de Malpica
Malante no BaleaFest de Malpica