Rouban uns 360 metros do cableado eléctrico de Ponteceso

Unha das zonas onde se produciron roubos de cable foi no colexio de Corme

Continúa sendo o cobre obxecto de roubo na comarca. Desta volta é o propio Concello de Ponteceso o que denunciou os feitos ante a Garda Civil e pide axuda ós veciños.
Ata uns 360 metros aproximados do tendido foron sacudidos nos seguintes puntos:
- Pista de Casas do Monte, en Pazos.
- Pista Ourada, en Limiñoa.
- Dende o colexio ó cemiterio nas Forcadas, en Corme

O consistorio presentou denuncia na Garda Civil para que todo o peso da lei caia sobre os ladróns, pero é moi importante que todos os habitantes, se ven algunha actuación sospeitosa (vehículos que non son do Concello...), avisen de inmediato ó 112 de emerxencias ou ao 062 da Garda Civil.
"Pensamos que se trata de coches pequenos e que os infractores gabean polos postos de maneira rápida, cortan e marchan", sinalan dende o concello.