Os socios da Asoc. Fogar do Pensionista de Corme rexeitan a instalación da Casa do Maior no seu local

Local do Fogar do Pensionista de Corme
  • A veciñanza critica a inauguración dunha pista polideportiva en plena campaña

Prometía estes días en plena campaña o alcalde Lois Carballido a instalación dunha Casa do Maior en Corme. Para iso, presentaba unha solicitude ante a Xunta cun proxecto de remodelación do local da Asociación o Fogar do Pensionista de San Adrián de Corme para acoller este servizo que permitiría que 5 maiores disfrutasen dun servizo, en clave de concesión, de centro de día.

Pero a solicitude colleu por sorpresa aos máis de 100 socios da Asociación, que veñen de emitir un comunicado onde explican a súa postira de rexeitamento ante a proposta de que “se monte de forma arbitraria e sin explicación a casa do Maior na nosa Asociación”.

A entidade, que leva activa dende 1999, explica que “todos os días hai máis de 15 personas maiores que usan este local para reunirse, xogar as cartas e pasar o día na Asociación”. Debullan que “este local e o punto de Reunión dos veciños dado que non hai outro lugar para pasar o día e xogar unha partida de tute na parroquia”,

Lamebtan ademais que “non se contou nin se preguntou a directiva nin os socios si queríamos esta casa do Maior”.

Por todo iso, dende a Asociación aseguran que loitarán “con todo o que faga falta para que o señor Alcalde no nos saque o local nin queira votar os nosos maiores e veciños fora do local. Tanto como se loitou para conseguilo no seu día”.

Facendo contas, para o presidente da entidade Jesñus José Lema Garrido, o proxecto sería “vestir un santo para espir outro”.

Inauguración

Paralelamente, veciñanza e oposición critica a inauguración da pista deportiva en plena campaña. Un parque cuias obras aínda non están entregadas.