Unha cormelá en NY entre as 45 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte

Moita xente vai da Costa da Morte a NY. Pero non todas chegan a ser comisaria xefe do Museo del Barrio de Nueva York. Iso só está alcance dunhas poucas e unha é Chus Martínez, natural de Corme-Aldea, que xa coida as obras adicadas á cultura latina, caribeña e latinoamericana.

I é que esta muller ten moito que dicir no mundo da arte a nivel mundial. Xa ocupa o número 45 na lista das 100 persoas máis influíntes do mundo no sistema da arte. Aí é nada.

A carreira de Chus é longa. Chega tras pasar 3 anos no Museo de Arte Contemporáneo de Barcelona MACBA, outros 3 no alemán Frankfurter Kunstverein, ademais de participar na 29ª Bienal de Sao Paulo, ou a 50ª Biennale di Venezia. Toda unha carreira que comezaba na Escola de Verán da Asociación Monte Branco, no Couto, pero que comezou a despuntar na Sala Rekalde de Bilbao.

"Chus Martínez é unha comisaria inspiradora que traerá un enfoque innovador e emocionante ás nosas coleccións e exposicións", sinalou a directora do Museo do Barrio, a cubana Margarita Aguilar, ao comunicar o nomeamento de Chus Martínez.

Polo de pronto, por aló está, impartindo unha serie de conferencias pola capital mundial da modernidade.

Fonte