Veciños de Corme esixen a renovación dos parques infantís

Protestas dos veciños de Corme polos parques infantís-Foto-Bárbara Blanco A día de hoxe son os parques infantís lugares fundamentais para o devir dunha vila. Téñeno claro os veciños de Corme, e así o deixaron claro os membros da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme, que se manifestaron este pasado sábado para esixir do Concello unha mellora integral dos parques infantís. Como asegurou o presidente da entidade, Antón Vidal, que non se amilana a pesar dunha carta anónima que recibía esta semana sen ton ameazante. En todo caso, esperan que o Concello mova ficha e que en menos de 20 días xa haia novos plans para remodelar os parques. De non ser así continuarán as manifestacións.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Fotos de Bárbara Blanco.