Vidal Romaní e Manuel Regueiro achegan a realidade xeolóxica dos terremotos de Venezuela

  • A charla servirá para realizar unha recollida solidaria

Este domigo 12 de xullo, dous investigadores de referencia internacional visitan Corme para intentar explicar que ten acontecido en Venecuela cos terremotos dende unha perspectiva xeolóxica. Juan Ramón Vidal Romaní e Manuel Regueiro González Barros estará ás 19:30h no Museo de Corme MACCMO para axudarnos a comprender o que acontece debaixo de nós. Ambos convidarán a penetrar no tempo profundo da Terra para comprender por que Venezuela constitúe un dos territorios máis interesantes desde o punto de vista tectónico.

Cada falla xeolóxica conserva unha memoria. Cada rocha é unha páxina escrita ao longo de millóns de anos. Cada terremoto forma parte dun proceso que modela montañas, transforma continentes e redefine, silenciosamente, a xeografía do planeta.

Recollida solidaria

Por iso, esta conferencia incorpora unha dimensión solidaria. Estará unha representación de HEVEGA (HERMANDAD VENEZOLANA EN GALICIA) e desenvolverase unha campaña de recollida de medicamentos, material sanitario (gasas, vendas, xiringas, glucómetros, tiras reactivas, mascarillas, guantes, etc) e achegas económicas destinadas á poboación venezolana.
Pódense facer achegas económicas na conta que HEVEGA ten aberta en ABANCA (ES86 2080 0068 7630 4002 9599).