Vimianzo loita por manter a base do GRUMIR ante a redistribución da Xunta
A Xunta de Galicia anunciaba esta semana un "novo mapa de emerxencias e Protección Civil". Un mapa de redistribución que substituiría ao actualmente existente, colocando unha única base comarcal en Ponteceso para dar cobertura ao territorio definido polos vértices de Carballo, Santa Comba e Cee. Deste xeito Vimianzo deixaría de ser base do Grumir.
Algo que non gusta no seo da corporación municipal. E dende o Grupo de goberno veñen de enviar unhas alegacións á FEGAMP, ademais dunha moción que vai presentar ao pleno municipal do sábado.
Son varias as razóns que aporta o Concello vimiancés á redistribución. U é que hai que recordar que Vimianzo non conta con parque de bombeiros, sendo os máis próximos os situados en Carballo, en Cee e en Santa Comba. Así, deixa patente que a base do GRUMIR de Vimianzo está situada nun lugar equidistante de ditos parques,"unha situación privilexiada para prestar servizo na prevención e loita contra incendios, na atención de emerxencias, e na actuación en labores de protección civil en calquera punto da Costa da Morte, nomeadamente nas comarcas de Xallas, Soneira, Fisterra e Bergantiños, acadando optimamente o obxectivo de “dar cobertura xunto cos demais servizos de emerxencia a un total do 90-97% da poboación nunhas isocronas de 20-30 minutos”.
Lembra ademais que Vimianzo é o concello con máis poboación entre todos os comprendidos na área delimitada por Carballo, Santa Comba e Cee, con 7.989, polos 7.856 de Cee. Apunta tamén Vimianzo está considerado polo Plan de Incendios de Galicia como “zona de alto risco de incendio Forestal”. Tamén hai dúas gasolineiras (alto risco de incendio/explosión) o único xeriático de toda a comarca (150 usuarios) a única explotación de caolíns a ceo aberto da zona e o encoro de Fervenza. Ademais, a sinestralidade nas estradas ten un índice desgraciadamente elevado.
Todo resumido con esta proposta: “nodo de equilibrio do territorio”, con influencia supramunicipal.
E o que pode ser máis importante, Vimianzo xa ten as instalacións do GRUMIR, cun par de bos edificios en Casais, no núcleo urbano de Vimianzo, e conta xa cuns medios moi potentes. Un Grumir que se instalou defintivamente aló no 2002, pero que xa levala na zona dende 1997.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota do Grupo de Goberno do Concello de Vimianzo.