Xa cheira a Samaín
É a primeira nota que nos chega sobre o Samaín e por iso a traemos en grande. Para recordar que xa logo está aquí. Este vindeiro xoves 31 de outubro, as escolas e as asociacións máis divertidas do país celebrarán o Samaín, esa festa que mestura as lendas da tradición galega máis negra, coa pagana festa norteamericana do Haloween.
Entre cabazas e castañas celebrarase o samaín da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme, que xa prepara o seu Concuro de Cabazas. Poden xa ir preparando a cabaza, ou alomenos a idea, non vaia ser que pudra antes do día D, para logo deixalas no local da asociación entre o 28 e o 29 de outubro, e que sirvan de exposición fugaz durante o propio día 31.
Todos os participantes levarán un agasallo, e o máis seguro é que todos os que se acheguen disfrutarán dunha gran castañada.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).