A XXXI Festa do Percebe arrinca a súa renovación cos Herdeiros da Crus

Este ano vén con novidades da XXXI edición da Festa do Percebe de Corme. A organización correrá por parte do Concello, e a implicación da vila céntrase en intentar evitar o botellón, para manter viva a esencia dunha festa gastronómica pero tamén festexeira.

O primeiro nome é de Herdeiros da Crus, que encherán a praza da Ribeira en horario familiar para que a vila vibre cos seus míticos temas. Haberá fermosos detalles sobre os homenaxeados, e os percebes volverán ser de primeira calidade.