Accidente de moto mortal en Santa Comba

Novo accidente mortal acontecido esta mañá de domingo, ao redor das 12:15 horas, nun accidente de tráfico entre un coche e unha moto no Castro do Porto, no Concello de Santa Comba.

 
Ao chegaren os Bombeiros do parque xalleiro, atopáronse ao motorista ferido na calzada e comprobaron as súas constantes vitais, vendo que respiraba aínda con moita dificultade e nun estado moi grave. O operativo púxose en contacto co 112 e co helicóptero para solicitar asistencia médica, pouco despois da súa chegada a vítima xa falecera.
 
Os bombeiros continuaron o seu traballo coa sinalización e limpeza da calzada.
Completaron o operativo a Garda Civil de Tráfico, o 061 de Santa Comba, o SMPC de Santa Comba e o Helicóptero do 061.