Alberto Romar deixa a presidencia da Asociación de Empresarios de Santa Comba
11 de outubro de 2022 (14:13 h.)
Vén de presentar a súa carta de dimisión como presidente da Asociación de Empresarios de Santa Comba. Alberto Romar Landeira deixa un bo legado e un bo grupo da entidade empresarial, que realizará unha nova asemblea en breve para escoller o seu relevo.
O xalleiro ten unha empresa de ocio e conciliación infantil con 12 traballadores contratadas en temporada baixa, e busca novos horizontes, que pode estar na política local.