Alberto Romar recolle o bastón da alcaldía de Santa Comba

Alberto Roma, estreando o despacho da alcaldía co bastón

Os resultados das eleccións en Santa Comba foron estreitos pero claros. O PSOE conseguiu envorcar o espectro político, alcanzando a maioría absoluta que lle dá a Alberto Romar a alcaldía.

Romar, empresario da vila, chega tras un longo e profundo proceso de reformulación do partido socialista local, e afronta unha lexislatura en maioría, só coa oposición do PP.