Bicis e fotos por Santa Comba

bici e fotos por Santa COmba

Santa Comba prepárase para o gran XXIII Día da Bici. A cita será o domingo 29 de agosto, con saída ás 10:00h da Casa da Cultura, nunha nova oportunidade de disfrutar das dúas rodas en grupo. Haberá agasallos, e xa podedes inscribirvos en Fontenla (981 103 034 ou 667 453 312).

Mentres, o Concello convoca o VI Concurso Enfocando Santa Comba, con case 1000 euros en premios. Máis info en cultura@santacomba.es.