A CeMIT de Santa acolle 4 cursos formativos en competencias dixitais
01 de marzo de 2023 (07:30 h.)
Os meses de marzo e abril serán de novos cursos na aula CeMIT de Santa Comba. Cursos de competencias dixitais en ofimática para aprender a usar profesionalmente programas de texto, cálculo, xestión de bases de datos e de presentacións.
Poden solicitar información e inscribirse no 663 74 65 23 ou en cemit.santacomba@xunta.es.