Falece unha persoa maior nun atropelo mortal en Santa Comba

Accidente en Santa Comba

Novo atropelo mortal vivido na comarca. Desta volta, foi un home octoxenario o que falecía esta noite, pasadas as 21:00h, tras sufrir un atropelo na Avenida Antonio Tomé Taboada, en Santa Comba.

O 112 Galicia deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

O conductor do turismo resultou ileso e deu negativo nas probas de alcohol e drogas.