Os Feros Corvos arrincan un verán cultural co Ateneo Xalleiro

Volve a acción o Ateneo Xalleiro que prepara un verán completo, para encher de cultura Santa Comba. Da man do Xacobeo, arrinca o Festival Feros Corvos de son e da palabra cun concerto inaugural este domingo 26 de xuño, a partir das 18:00h na Capela de Rubín.

A soprano Mercedes Hernández e o músico Fernando Reyes ofrecerán “As músicas do Camiño”, dando así o inmellorable comezo, en clave lírica, a 3 meses de acción cultural.