Novo Curso de Monitor de Tempo Libre en Santa Comba

Non falla o Concello de Santa Comba que a través da súa Oficina Municipal da Xuventude organiza, un ano máis, o curso homologado de Monitor de Tempo Libre, unha oportunidade para que a mocidade saque o título e poida ser monitor nos campamentos de verán da cativada.

O Edificio Multiusos acollerá o curso de 350 horas, que comeza 26 de xullo, de 8:00h a 15:00h.

A inscrición pode facerse na web municipal ou a través de omixsantacomba@gmail.com ou no 663 728 968.