Obradoiros, Feira e risas para estas semanas por Santa Comba

Moitas novidades por Santa Comba, entre Obradoiros para maiores, actividades empresariais e tamén de ocio.

Obradoiros no Centro Sociocomunitario

Variada a oferta que trae o Centro Sociocomunitario para os miaores. Lectura, memoria, exercicio e novas tecnoloxías entran dentro do programa de obradoiros gratuitos, aos que se poden inscribir no propio centro sito na Rúa Ourense, ou no 881 867 243.

Feira de Outono

A Asociación de Empresarios de Santa Comba preparan xa para a fin de semana do 5, 6 e 7 de novembro a III Feira de Outono de Santa Comba. Haberá de todo, dende talleres de impresión e creación de pulseras ou broches, música, aikido… e sobre todo, moitas cousas que comprar.

Monólogo

Antes, este 29 de outubro, continúa o ciclo de monólogos RiXallas (no marco do program Outono Cultural coa chegada dunha parella moi especial: Marián Bañobre e Isabel Risco traen o seu Furancho.

Poden facer aquí a Inscrición.