Unha persoa tivo que ser excarcerada tras un accidente en Santa Comba

  • Onte rexistrouse tamén un accidente en Berdeogas

Esta pasada tarde de martes, arredor das 15:30h, rexistrábase un novo accidente no km.14 da estrada AC-546 ente A Pereira e Fontecada, no termo municipal de Santa Comba. Ao lugar acodían Os Bombeiros de Santa Comba, os sanitarios do 061, ademais de Protección Civil de Santa Comba e a Garda Civil.

Foi un choque entre dous vehículos, que provocou que un caera nunhca cuneta. Foi necesaria a intervención dos Bombeiros para exarcerar á ocupante do vehículo en condicións de seguridade, e poder colocala na ambulancia para o seu posterior traslado a un centro hospitalario.

Accidente en Dumbría

Así mesmo, arredor das 8:15h da mañá de onte, tiña lugar outro accidente na AC-552 entre Cee e Dumbría, a altura da gasolinera de Berdeogas.