Piden a paralización e unha sanción exemplar para as prospeccións mineiras que Corcel volve facer na Braña da Serra

Prospección realizadas este mércores na Braña da Serra por Corcel

Tralo a susto do pasado mes de xuño (que mesmo provocou a incoación de varios expedientes sancionadores), parece que volven as augas revoltas polas zonas mineiras de Santa Comba. Volve andar Xosé Corbal axitando a colmea, e provocando confusións entre a veciñanza e mesmo nos Concellos de Coristanco e Santa Comba.

Esta semana, a súa empresa Corcel Minerals volvía realizar inspeccións con perforacións na Braña da Serra, en terreos dos dous concellos, concretamente nunha zona controlada por Galicia Ting&Tungten, propietaria da Mina de Varilongo. Corcel, que nada ten que ver coa Mina de Varilongo, intenta vender á multinacional Eurobatterys que ten permisos de investigación na zona, malia non ter permisos municipais nin autonómicos. De feito, o 18 de xuño do 2021 a Consellería de Economía, Empresa e Innovación decretou a suspensión dos seus traballos como consecuencia da inspección realizada polos servizos técnicos da Xefatura Territorial da Coruña.

Así o denuncian tamén entidades como o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, veciñas da plataforma “BerXallas. Minaría Destrutiva, Non”, Coluna Sanfins e Asociaciación Petón do Lobo, organizacións que forman parte de “Contraminacción, Rede contra a minaría destrutiva de Galiza”.

As entidades demandan á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e ao Concello de Santa Comba a activación de procedementos sancionadores e a paralización inmediata das novas prospeccións realizadas.

NOVAS RELACIONADAS