Venres. 19.04.2024
El tiempo

Volven as máquinas mineiras a facer sodeos, sen permiso, na Braña da Serra

  • A veciñanza, na voz da Plataforma BerXallas, amosan o seu rotundo rexeitamento.
Sondeos mineiros na Brana da Serra-Santa Comba 4
As máquinas de Geonor e Corcel SL, filiais de Eurobattery, facendo sondeos mineiros hoxe na Braña da Serra
Volven as máquinas mineiras a facer sodeos, sen permiso, na Braña da Serra

Non se dan librado Santa Comba e Coristanco das empresas mineiras. Hoxe volveu a empresa sueca Eurobattery Minerals AB realizar sondeos na Braña da Serra, xusto no límite entre os dous Concellos afectados. E como denuncian entidades medioambientais como Petón do Lobo, están facéndoo sen permiso. De feito, confírmannos dende o Concello de Santa Comba que non solicitaron permiso municipal, e que “na Dirección Xeral de Minas tampouco lles constaban” estes sondeos. De feito, nin empresas que traballan na zona como Rafaella Resources ou Galicia Tin and Tungsten tiñan constancia da chegada da firma sueca, qeu que anunciaba así que retoma o chamado proxecto Corcel, para dar un impulso na bolsa.

Segundo os colectivos, os traballos da empresa, que volve intentalo despois da polémica xurdida o ano pasado, estanse realizando “sen plan de restauración ou estudo de impacto ambiental”

Os colectivos demandan “a paralización inmediata dos sondeos polo risco de danos irreparables sobre ecosistemas vulnerables de alto valor ecolóxico”, coñecida como Braña da Serra, situada etre os lugares de O Sisto, Os Matos e Boaña, na parroquia de Castriz (Santa Comba), e As Salgueiras, xa no concello de Coristanco.

O ano pasado xa pediron que se iniciase o expediente de protección ambiental para catalogar a zona como ENIL (espazo natural de interés local) ou EPIN (espazo privado de interés natural).

O que si sabemos é que a Policía Local de Santa Comba elaborará un informe e mañá haberá visita de Persoal da Xunta.

A voz da veciñanza

Dende a Plataforma BerXallas, o que implica a voz da veciñanza, "opoñémonos a minaría a ceo aberto tanto en Varilongo como na Braña da Serra. Que se estea expoliando os nosos recursos, e contaminando os acuíferos, é inaudito", denuncian, ao tempo que avisan de "mobilizacións para parar esta ultraxe".

Solicitan ademais que a nova alcadesa se posicione neste asunto,

Sondeos mineiros na Brana da Serra-Santa Comba 2Sondeos mineiros na Brana da Serra-Santa Comba 1Sondeos mineiros na Brana da Serra-Santa Comba 3

Novas relacionadas

Comentarios