Santa Comba aproba a bonificación do IBI para as explotacións gandeiras nun tenos marcado pola renuncia de TEGA

Chisco Ameixeiras no Pleno de Santa Comba

O Pleno Municipal celebrado o pasado venres 15 no Concello de Santa Comba tivo varios puntos de interese. Sobre todo a aprobación definitiva dos orzamentos para o ano 2019, un fito importante para cada concello que xa fóra aprobada en primeira instancia en febreiro.

O pleno comezou cun arduo debate sobre renuncia o anterior voceiro de Terra Galega Chisco Ameijeiras, que pasará a formar parte do Grupo de Non Adscritos, no marco da integración dos edís de TEGA nunha lista unitaria co PP.
Con este cambio varía a composición das comisión municipais que contarán con tres representantes do PP, tres do PSOE, dous de Terra Galega e un do grupo de non adscritos.

O pleno tamén aprobou a bonificación do IBI para as explotación agrogandeiras e para empresas de especial interese. Ambas propostas saían adiante cos votos do Goberno do Partido Popular. O Partido Socialista votou en contra da bonificación do IBI.

No debate, falouse da necesidade de ir dotando de abastecemento de auga a tódalas parroquias, tema no que a alcaldesa, María Pose, manifestou que se irán realizando as obras segundo se dispoñan das correspondentes partidas orzamentarias. Lembrou que este ano realizaranse as da parroquia de Castriz.

Novas relacionadas