Santa Comba comeza o curso con teatro, formación en NNTT e sesións de saúde e prevención

Comeza o curso cargado de actividades en Santa Comba. Teatro, formación en novas tecnoloxías, prevención son algunhas das propostas:

Empezando polo Ipga, pois este xoves hai sesión gratuita con Jorge Casado da man de Chakra Santa Comba.

Teatro

O Concello abre clases para adultos de Teatro, con Sen Cancelas, con Xan Martínez. E tamén para nenos, con Teatro Miúdo, co mesmo mestre.

DNI electronico

O 15 de setembro hai unha sesión formativa no CeMIt sobre o DNI electrónico. Ademais o 20 hai sobre a sede electrónica da Xunta. Podedes inscribirvos en cemit.santacomba@xunta.es ou no 663 746 523.

Rexeneta-T

En clave de prevención arrinca o programa de intervención do deterioro cognitivo. De luns a venres de 10:30’h a 13:30h, as persoas maiores con algo de deterioro cognitivo poderán acoledir a estas sesións variadas. Máis info no CIM, na Rúa Coruña, ou no 981104309.