Santa Comba ofrece un taller para aprender a utilizar a administración electrónica
06 de febreiro de 2020 (15:30 h.)
Que Santa Comba sexa un Concello pioneiro en comunicación dixital ten moitas variantes. Ademais dos cursos da Aula CeMIT, o Concello artella agora un taller para aprenderlle á veciñanza a utilizar a administración electrónica.
Este 21 de febreiro estarán de 10:00 a 14:00h no edificio Multiusos para atender dúbidas para aprender a usar o Concello Dixital.