Santa Comba prepárase para outra edición do ciclo de monólogos RiXallas

Santa Comba prepárase para outra edición do ciclo de monólogos RiXallas

O melloriño do país en materia de monólogos pasa cada ano por Santa Comba. O Ciclo de Monológos RiXallas xa afronta a súa 5ª edición, e o cartel sempre é suculento, Este ano serán Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Sergio Pazos os que nos farán escallar da risa durante este mes de outubro.

As citas son de balde, e a entrada é con invitación ata completar aforo. Poden recollerse as invitacións varios días antes de cada función na Casa da Cutura en horario de mañá.