Santa Comba volveu ser o epicentro espiritual do estado co IV Festival Shanti Om

Un dos talleres, impartido por Javier Riestra, no festival Shanti OM de Santa Comba

Xa é Santa Comba toda unha referencia a nivel nacional en materia de vida sana e do mundo do ioga. Así o corroboran tanto a organizadora Asociación Chakra, e a súa directora técnica e Alexandra Fernández Rogers, como o propio concello, analizando a incidencia da IV edición do festival Shanti OM.

Unha cita que ten un impacto moi importante na vila, pois mobiliza, e de que xeito, ao sector hostaleiro, coa chegada de centos de visitantes durante toda unha fin de semana. Pois a asistencia fooi máxima, rozando case o cheo en todas as actividades, e cun altísimo grao de satisfacción entre os asistentes, tendo en conta que o mellor de todo é que as espectativas seguen sendo altas, e falamos dun evento que non para de medrar.

Nesta cuarta edición déronse cita na capital xalleira diferentes profesionais do mundo da terapia, a música, do ioga e da conciencia nun evento cheo de maxia onde o público estivo envorcado en participar de todas as actividades posibles de entre o amplo abanico de posibilidades que suscitaban os catro espazos con actividades simultáneas que albergaban talleres e actividades de toda índole. Unha fantástica oportunidade para coñecer diferentes técnicas, disciplinas e escolas de ioga, canto , danza e moitas mais actividades.

Todo aderezado con músicos e concertos en vivo que fixeron do evento un ambiente fraternal e festivo onde se atopaban unidas todas as idades e xeracións, cantando e festexando simplemente a alegría de compartir ese momento. Un agasallo para a vista ver alí xuntos mozos e adultos, bebés , nenos e avós, uns abrazados e outros riseiros, nos rostros se podía percibir un ambiente de apertura e amizade.

Os concertos de Amrita Love, a cantante inglesa Carrie Tree e a norteamenricana Sirgun Kaur foron as perlas coas que pecharon cada día do festival deleitando os oídos dun público entusiasta. “Sen dúbida unha iniciativa que coloca a Santa Comba no mapa e consolídao como referencia dun dos festivales emerxentes mais punteros no ámbito do ioga e das terapias alternativas”, explica Javier Riestra, un dos monitores participantes.

Un dos detalles máis curiosos do festival foi que a casualidade electoral fixo que fose inaugurado pola alcaldesa María Pose, e clausurado polo novo alcalde, David Barbeira.

Novas relacionadas