A veciñanza de Santa Comba preprara unha plantación festiva polos montes comunais

 

Este sábado 19 de marzo está previsto un acto festivo-reivindicativo en favor dos montes veciñais en Santa Comba. A veciñanza, a través da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Grixoa de Esternande, e cola colaboración de Verdegaia e da Plataforma BerXallas, prepara unha plantación masiva de medio millar de carballos nun monte da zona.

Será no marco dunha fermosa festa campestre, con música, monicreques e un xantar comunitario ás brigadistas participante.

Poden inscribirse enviando un correo a brigadas@verdegaia.org ou poñendose en contacto coas entidades xalleiras.

Máis novas sobre montes comunais