1600 persoas inscritas nas actividades municipais de Vimianzo

Arrincaron xa esta semana as actividades culturais e deportivas para este curso do Concello de Vimianzo no marco do proxecto “Actívate”. E son nada menos que 1600 veciñas e veciños as que formalizaron a súa inscrición, dando conta do interese xerado por actividades como música contemporánea, patinaxe, palillo, tiro con arco, debuxo, gravado e pintura, pequemotricidade, ou multideporte.

Unhas actividades para nen@s e maiores.