3.000 kg de alimentos para as familias necesitadas de Vimianzo

Leva toda a semana a Cruz Vermella de Vimianzo coa entrega de alimentos ás familias necesitadas da comarca. Dende luns ata hoxe venres, 4 voluntarios (dous de Vimianzo, un de Santa Comba e un de Cee), repartiron un total de 2600kg (pasta, arroz, lentejas, judías, tomate frito, galletas e leite) entre as familias con menos recursos.

Unha campaña que continúa o realizado en agosto, cando repartiron mochilas con material escolar a nenos de familias usuarias para a volta ao cole.

E segue a Cruz Vermella en marcha. En setembro comezan de novo coas clases de apoio aos nenos (martes e xoves de 17:00 a 19:00) onde lle dan tamén a merenda (a fruta foi doada por Supermercado Día de Vimianzo); e as clases de español a inmigrantes (contan tamen con unha usuaria que non sabe ler nin escribir).

Curso de Primeiros Auxilios en Carballo

Dende Cruz Vermella en Carballo levarase a cabo durante o mes de Novembro un curso dirixido á poboación en xeral:

  • Primeiros Auxilios (40 h). Os venres de 16:00 a 21:00 h e sábados de 9:00 a 14:00 h, dende o 7 de novembro ao 29 de novembro.

Conta con descontos para grupos e persoas desempregadas, socias e voluntarias. Para calquera dúbida ou información contactar coa oficina de Cruz Vermella en Carballo. Para inscripcións, tanto na oficina de Cruz Vermella en Carballo como a través de internet no seguinte enlace: formacion.cruzvermella.org.

Novas relacionadas

Fonte

  • Cruz Vermella Vimianzo.