A Xunta de Goberno local paralizada unhas obras en Vimianzo

A Xunta de Goberno do Concello de Vimianzo acordou na sesión do pasado 2 de decembro, a paralización das obras de abancalamento e movemento de terras na parroquia de Berdoias. A Xunta de Goberno Local foi quen acordou paralizar estas obras e dar traslado a APLU (Axencia de Protección de Legalidade Urbanística) que é a encargada de resolver se os traballos realizados alí se axustan á legalidade ou non.

I é que ao parecer os promotores das obras pediron licenza para instalar unhas balsas de caucho para almacenar purín, pero non para facer movemento de terras. O que pretendían era converter ese terreo forestal en terreo agrícola, para o que se levou a cabo movementos de terra que afectaron a camiños públicos e aparentemente contaminación da traída de auga (augas turbias) que abastace lugares das parroquias de Berdoias e Carnés.

Aprobado o Plan de Obras e Servizos 2015 por un total de 382154,44 €

Mentres, o Pleno da Corporación aprobou na sesión do pasado sábado o Plan de Obras e Servizos (POS) 2015 da Deputación da Coruña por un total de 382.154,44€. Os votos favorables de BNG, PSOE e PP fixeron posible que o Concello poida realizar un importante investimento en obras en diferentes parroquias cumprindo deste xeito moitas demandas veciñais.

As obras incluídas na proposta da alcaldía para este POS 2015 son as seguintes:

  • Proxecto de reparación de pistas municipais nas parroquias de Carnés e Cereixo (42.911,14€).
  • Proxecto de reparación e mellora de firme, bordos, beiravías e gabias da pista municipal entre Trasouteiro e Vimianzo, alternativa á rúa de Tedín (46.728,47€).
  • Creación dun parque público cunha pista de pádel na controna do colexio público inafantil de Vimianzo (49.790€).
  • Execución de ensanchamento e senda peonil nun treito da estrada entre Calo e Pasarela (85.000€).
  • Plan Complementario: Execución de beirarrúas e ensanchamento dun treito da estrada entres Pasarela e Calo (31.700€).

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.