Recentemente o concello negociou o cambio de horario laboral coa Policía Local. Imaxe: Concello de Vimianzo
Novo episodio entre o concello de Vimianzo e os traballadores. Despois de que o alcalde, Manuel Antelo, criticara a actitude "partidista" de boa parte do equipo da Policía Local ante o cambio dos horarios é agora a A.XE.M.PO.L - asociación de xefes de corpo e mandos de Policía Local de Galicia - quen se manifesta ante a "gravidade" do asunto.
Dende a A.XE.M.PO.L califican de "acusación moi grave" o feito de que o alcalde criticase a actitude da Policía Local como "partidista" e non aportara probas que o demostre. "Por iso lle pedimos, que se acusa, que o faga formalmente e co procedemento regrado, tendo que probar os feitos; e se non é así, que se desculpe e devolva a honra aos funicionarios policiais. Tampouco se entende a referencia a vida familiar do mando - parella da concelleira da oposición Mónica Rodríguez -, pois non aporta nada a mais do anterior", asegura nun comunidado a asociación galega de policías locais.
Antelo tamén critou a "casualidade" de que a día 9 de decembro de 2015 so houbera un único efectivo no corpo policial, debido a que a maior parte estaban de baixa laboral coincindo, según o alcalde, coa posta en marcha dos novos horarios. Ao igual que no caso anterior, a A.XE.M.PO.L pídelle a Antelo que comprobe os feitos e non poña en dúbida a profesionalidade dos facultativos que deron a baixa aos axentes.
"Calquera policía asume que ten que traballar en fins de semana e en datas nas que o resto dos funcionarios descansan, pero isto, como ocorre na maioría dos Corpos da policía local, implica algún tipo de compensación por esa turnicidade, nocturnidade, e demais", indican dende a asociación de policías locais.
Ante esta situación que vive o concello de Vimianzo, a dirección da A.XE.M.PO.L está disposta a sentarse a aclarar os feitos co goberno local co fin de que os veciños e veciñas do municipio non se vexan afectados.
Novas relacionadas