A Aula Cemit de Vimianzo pon en marcha os cursos de informática do segundo trimestre de 2015
20 cursos que se desenvolverán entre os meses de abril e xuño no Telecentro da Casa da Cultura de Vimianzo dirixidos a público xeral, salvo tres excepcións que son con inscrición preferente para destinatarios concretos.
Trátase de Ferramentas gratuítas para divulgar as actividades das asociacións, dirixido a todas as persoas integrantes de asociacións; e dous cursos específicos para hostaleiros que son Social Media para hostaleiros e Creación dunha páxina de facebook para hostalaría.
Os demais cursos que se ofrecen para o público xeral son: Informática básica (Windowx XP, Writer e Navegadores), Crear unha conta de correo electrónico; As claves do éxito cun currículo diferente por internet; Skype-Hangouts; Busca a túa finca en internet (catastro e Sixpac); Google e as súas utilidades (Maps, Calendar, New, Earth, Drive,...); Facebook (iniciación); Descubre o que podes facer co móbil; Deseño e administración web – avanzado; Seguridade Tic básica; Fai o teu currículo e a túa carta de presentación; Retoca as túas imaxes; Busca de emprego; Crear Podcasts (arquivos de audio para difundir pola rede); DNI electrónico e certificado dixital; Copias de seguridade na nube; Introdución a Linux; Reparacións básicas do PC.
Para inscribirse nestes cursos, gratuítos, hai que dirixirse ao Departamento de Promoción económica do Concello de Vimianzo. O prazo de inscrición remata cinco días antes do inicio de cada curso.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de VImianzo.