A Obra Social La Caixa aterra en Vimianzo

A chegada da Obra Social “la Caixa” á Costa da Morte non pode ser tomada doutro que xeito que positivamente. Unha das entidades que mellor traballa a nivel estatal no terceiro sector e que chega á Vimianzo cunha primeira achega de 8.000 euros que se destinarán a posta en marcha e desenvolvemento de dous proxectos sociais impulsados polo consistorio.

O primeiro deles ten como obxectivo a loita contra o fracaso escolar. A esta iniciativa destinaranse un total de 5.000 euros para axudar a creación dunha entidade educativa dirixida a alumnos en dificultades.

O segundo dos programas enmárcase no labor de formación e orientación para colectivos en dificultades de inserción. Este proxecto recibirá 3.500 da entidade.

A colaboración da Obra Social “la Caixa” foi trasladada ao alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, polo director da oficina da entidade nesta localidade, Ángel Buño. No acto, Buño manifestou ao alcalde a satisfacción de todos os empregados de CaixaBank por poder colaborar na atención das necesidades sociais dos cidadáns de Vimianzo.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.