A Piroga rexistra o décimo incendio nunha vivenda dos últimos dous meses
Décimo incendio que ten lugar nunha vivenda dende o pasado mes de decembro. Alomenos que teñamos contabilizado gracias ás achegas dos Bombeiros de Cee e Carballo. Este pasado domingo 4 de febreiro, os Bombeiros de Cee e Protección Civil de Vimianzo tiveron que trasladarse, arredor das 19:20h, ata a Piroga.
Unha vivenda sufría o incendio da súa cheminea, na cal había moita temperatura nos tabiques interiores por onde atravesaba o conduto da cheminea. Tocou sufocar e enfriar todo o conduto ca axuda de Protección Civil de Vimianzo, e os Bombeiros tiveron que facer de desenfeluxador para sacar bastante ferruxe do interior, ata quedar a situación sen perigo.
Unha acción que se levou a cabo a pesar de que os Bombeiros ceeses levan xa máis de dous meses sen camión de altura, e este que puideron desprazar é das Pontes, que trouxeron con bastantes problemas mecánicos) cando levaron o camión ceés para As Pontes.
Incendios nos últimos dous meses
- 31-01-18: Sofocado un incendio nunha vivenda de Berdeogas
- 22-01-18: Novo incendio nunha vivenda en Camariñas
- 08-01-18: Novo incendio dunha vivenda en Carnota:
- 04-01-18: Veciños e un Garda Civil evitan que o lume chegue a unha vivenda en Muxía.
- 02-01-18: Evacuada por intoxicación na Ponte do Porto tras unha fuga de gas.
- Decembro 17: Controlan a tempo unha fuga de gas en Cee:
- Decembro 17: Unha familia de Panchés tivo que ser ingresada por unha intoxicación por monóxido de carbono na súa vivenda.
- Decembro 17: Trasladan en ambulancia a unha persoa que sufría un ataque epiléptico por posible intoxicación con monóxido de carbono nun garaxe.
- Decembro 17: Trasladan a unha persoa despois dun incendio na súa vivenda en Carballo.
Outras novas
- Decembro 2017: Os Bombeiros de Cee quedan sen camión de altura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Bombeiros de Cee.