A Simona puxo a palillar a todo Vimianzo no Castelo

Claro que si, claro que a Asociacion de Palilleiras as Nemanquiñas de Vimianzo suscitan tanto interese por Vimianzo e pola Costa da Morte que os Amigos do Liño ou os Oleiros de Buño. Xa estivemos nas demostración da fía e da olería, no marco do programa de obradoiros de artesanía que artellou o concello vimiancés para dinamizar o castelo no mes de setembro e que continuará en marcha.

Foi máis que entrañable a demostracion de palillo que fixeron as bravas palilleiras este sábado 27 de setembro no patio do Castelo. Demostraron que o encaixe non é un título puramente camariñán, se non que toda a Costa da Morte ten moita esta tradición no máis fondo da súa cultura.

As palilleiras continuarán estando presentes no Castelo, ademais de traballando no Museo de Artesanía en vivo, cunha exposición da puntilla vimiancesa, coñecida como a Simona.
Ademais, tamén pensan na xuntanza de palilleiras, que chegará aló por novembro, e que xunta, cada ano, a centos de palilleiras de toda a península.

Menudo ambientazo o que había no patio do Castelo, onde o mítico son das palilleiras se mesturaba co das pandeiretas.

Novas relacionadas

Fonte

Etiquetas