Antonio Nodar e Papá Noel, diferentes figuras para os pequenos de Vimianzo
Están de noraboa os pequenos de Vimianzo. Son varias as propostas no marco do Programa Municipal de Nadal das que están a ser os grandes beneficiados. Unhas propostas que teñen un par de protagonistas ben diferentes: Antonio Nodar e Papá Noel.
Exposición de Antonio Nodar polas escolas
O concello de Vimianzo traslada ao Ceip de Baíñas a exposición de fotografía ...from portrait to self-portrait... de Antonio Nodar onde permanecerá para que os veciños e veciñas de Baíñas poidan coñecer o traballo dun veciño de Baíñas, que percorre o mundo coa súa fotografía.
Este mércores día 19 de decembro tivo lugar inauguración da exposición cunha actividade para o alumnado do centro cunha programación didáctica da man do fotógrafo Xesús Búa. Divididos por idades, e cun programa adaptado, os máis pequenos comezarán ás 10 da mañá e os maiores ás 12.
A exposición permanecerá no centro escolar ata o 14 de xaneiro e poderase visitar en horario escolar, previa autorización da dirección do centro.
Conexión directa con Laponia
Os nenos e nenas do Ceip San Vicenzo tiveron onte a oportunidade de comunicarse con Papá Noel a través dunha videoconferencia realizada onte no telecentro. Moitos dos nenos e nenas falaron con Papá Noel e pedíronlle os agasallos, pero non había tempo para todos e o alcalde recolleu as cartas que traían para facerllas chegar.
Pero Papá Noel virá a Vimianzo e poderase ver polas rúas dos prinicipais núcleos comarciais: Vimianzo, Baíñas e A Piroga a partir de mañá xoves. O venres ás 11.30 visitará aos nenos e nenas da Escola Municipal Infantil e a Vivenda Comunitaria. E o luns día 24 ás 11 da mañá visitará os residentes do Xeriátrico. E o sábado 22 na festa Animaduendecantacontos no Auditorio da Casa da Cultura a partir das 17 horas.
Novas relacionadas
- Viki Rivadulla na Sala do Perello: Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.
- 2012: O Concello de Vimianzo comparte o Nadal.
- Unha noite co Apalpador.
- 2010: Os pequenos de Vimianzo falaron con Papa Noel gracias ás Novas Tecnoloxías.