Antonio Nodar expón a casa na casa

O sábado 6 de outubro ás 19:00 h inaugurarase a exposción de fotografías que o baiñán Antonio Nodar exporá na Sala Antón Mouzo.
A exposición leva por título Baíñas, século XX. Estará composta por imaxes do último terzo do século pasado da parroquia vimiancesa.
Antonio Nodar é un fotógrafo cunha traxectoria que conta cun amplo recoñecemento.
Poden saber máis acerca da súa traxectoria vistando a súa web: www.antonionodar.com